Ecos da Comarca/Silleda

Este xoves tivo lugar un accidente de tráfico no municipio de Silleda. Viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. Foi un particular o que alertou escasos minutos antes das 16:00 horas ao 112 Galicia.
Publicidade
"Tratouse dunha saída de vía na N-640 á altura do punto quilométrico 185 na parroquia de Escuadro", informa o 112 Galicia. "O particular que nos chamou indicaba que había unha persoa ferida leve e que estaba liberada e accesible".
Publicidade
Con estes datos, o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
Opmerkingen