top of page

Unha saída de vía en Vila de Cruces remata con tres persoas feridas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O vehículo afectado. Autor: E.

Tres ocupantes dun turismo resultaron feridos ao saírse da vía o vehículo no que viaxaban e chocar contra unha árbore no lugar do Castro de Cumeiro, en Vila de Cruces, tal e como informa o 112 Galicia. Como consecuencia do impacto, tres persoas foron evacuadas en sendas ambulancias ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Todo sucedeu poucos minutos antes das cinco horas desta madrugada cando os profesionais de urxencias sanitarias contactaron co 112 Galicia para dar conta do suceso.


Co fin de prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 informouse axiña aos Bombeiros de Silleda, aos membros do GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil de Vila de Cruces.

Preme na imaxe para contactar connosco.

Despois da evacuación dos feridos, que estaban liberados e accesibles, por mor dunha mancha de aceite, os servizos de emerxencia efectuaron a limpeza da estrada para restablecer as condicións óptimas de seguridade no punto.


 
 

Komentarji


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page