Ecos da Comarca/Monterroso
Este domingo rexistrouse un accidente no municipio de Monterroso que se saldou sen feridos.

O 112 Galicia foi alertado ás 7:45 horas polo propio condutor. "Na chamada indicábanos que acababa de sufrir unha saída de vía e que non había feridos, pero que o vehículo quedara no medio da estrada", informa o 112.
O suceso ocorreu en Leborei. Con estes datos o 112 Galicia mobilizou á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil e informou ao GES de Monterroso e aos Bombeiros de Chantada.
Comments