Unha saída de vía en Melide sáldase sen feridos
- ecosdacomarca
- 23 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Este luns rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide que se saldou sen feridos. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 8:00 horas.
Publicidade
"O particular que nos chamou indicábanos que se trataba dunha saída de vía na recta de Vititiz, pero que non había feridos", sinala o 112 Galicia que indica que tempo despois tamén o chamou o particular implicado no accidente.
Publicidade
Como dicimos tivo lugar na parroquia melidense de Vitiriz.
O 112 Galicia deu aviso á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Melide.
Publicidade
Comments