Unha saída de vía en Lalín sáldase cunha persoa ferida leve
- ecosdacomarca

- 19 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Este sábado tivo lugar un accidente no municipio de Lalín que se saldou cunha persoa ferida leve. O sinistro sucedeu sobre as 12:00 horas, aproximadamente.
Publicidade
Tratouse dunha saída de vía na N-640 á altura da parroquia da Veiga, segundo se aparta cara Carballeda. Fontes consultadas, sinalan que non é o primeiro accidente ocorrido xusto nesa curva e sobre todo, os días de choiva.
A condutora e única ocupante foi trasladada a un centro médico por precaución.







Comentarios