Unha saída de vía en Lalín sáldase con dúas persoas feridas leves
- ecosdacomarca
- 13 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse con dúas persoas feridas leves. O 112 Galicia foi alertado ás 11:41 horas.
Publicidade
"Tratouse dunha saída de vía na estrada PO-206 que enlaza Lalín con Vila de Cruces, á altura do quilómetro 8. Como consecuencia, dúas persoas quedaron feridas leves que foron trasladadas en ambulancia ao centro sanitario", informan fontes oficiais que sinalan que o vial estaba resbaladizo a causa da choiva.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias ata o lugar desprazáronse Emerxencias Lalín e a Garda Civil de Tráfico.
Comments