top of page

Unha saída de vía en Arzúa sáldase cunha persoa ferida

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta tarde produciuse un accidente de tráfico en Arzúa que se saldou cunha persoa ferida.

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca

O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 19:15 horas. Tratouse dunha saída de vía na N-547. "Ocorreu á altura da farmacia da rotonda. Na chamada indicábamos que no interior do vehículo viaxaban tres persoas e que unha precisaba asistencia médica", informa o 112 Galicia. "Ademais, sinalábanos que o vehículo ocupaba un carril e non se daba movido".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Con estes datos, o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Protección Civil e ao Servizo de Mantemento de Estradas.

Komentáře


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page