top of page

Unha saída de vía deixou unha persoa falecida e tres feridas en Lugo

Ecos da Comarca/Xeral

Nas últimas horas produciuse un accidente mortal en Lugo. No turismo accidentado viaxaban catro persoas, das cales tres tiveron que ser excarceradas. O falecido é o condutor.

Arquivo
Arquivo

Foi un dos implicados quen chamou ao 112 Galicia pasadas as 1:50 horas desta madrugada, explicando que acababan de ter unha saída de vía no quilómetro 1 da LU-P-2925, á altura do Paseo do Río Rato. O propio alertador sinalou que no coche ían catro persoas e que non conseguían saír ao exterior.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e a Policía Local de Lugo, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento. Tamén se alertou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se fose necesaria a súa intervención.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Os bombeiros confirmaron desde o lugar que excarceraron tres persoas. Ao mesmo tempo, e malia os esforzos, confirmouse o falecemento do condutor do vehículo.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page