Ecos da Comarca/Arzúa
Esta tarde produciuse unha saída de vía na entrada do centro urbano de Arzúa, máis concretamente na N-547 no punto quilométrico 64.
Ao parecer segundo indica o 112 Emerxencias, puido ser debido a que a persoa que conducía pegoulle o soño e como consecuencia perdeu o control do vehículo e impactou contra unha das árbores que se atopan nas inmediacións do vial.
Publicidade
As persoas que viaxaban a bordo do automóbil, atopábanse liberadas e accesibles. Segundo confirma o 112, foi necesario o traslado de dous dos ocupantes ao Hospital de referencia (C.H.U.S.), dado que, unha delas presentaba dor nun ombreiro.
Publicidade
Con estes datos o 112 Emerxecias, pasou o aviso a Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arzúa e a Protección Civil de Arzúa.
Comments