Unha persoa trasladada tras unha colisión entre dous vehículos en Lalín
- ecosdacomarca

- 15 sept 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico en Lalín. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 8:58 horas deste luns. Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre dous coches na Rolda Leste.

O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, á Policía Local de Lalín, a Emerxencias Lalín e aos Bombeiros de Deza. Unha persoa tivo que ser trasladada para recibir asistencia sanitaria.
Publicidade
"Ás 9:05 recibimos aviso por un accidente por alcance fronto-lateral de dous vehículos de veciños de Lalín de 47 anos no entronque da Rúa 4 e a Ronda Leste. Un Volvo V60 e un BMW Serie 1. Resultou ferido e trasladado en ambulancia, aqueixado de dor nas costas e na cadeira, o condutor do Volvo e ilesos os ocupantes do BMW, un pai e a súa filla de 4 anos que estaba perfectamente suxeita na súa silla", informa Emerxencias Lalín.







Comentarios