top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unha persoa trasladada en helicóptero tras ser atropelada por un camión en Melide

Atropelo na rúa Progreso de Melide


Ecos da Comarca/Terra de Melide

Pouco antes das once e media desta mañá, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba de que unha persoa acababa de ser atropelada por un camión na rúa Progreso, en Melide.


No transcurso desta chamada, o propio alertante, a través dos xestores de emerxencias, contactou cos axentes da Policía Local, que xa estaban no punto. Comunicaban que a persoa atropelada non estaba atrapada, pero si precisaba asistencia médica.


Decontado, o CIAE 112 deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago para o traslado da persoa.

Helicóptero 061. Fonte: SERGAS

Ademais, dende o 112 Galicia tamén se informou, por se fose precisa a súa intervención, aos Bombeiros de Arzúa e a Protección Civil de Melide.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page