top of page

Unha persoa tivo que ser excarcerada en Arzúa tras colisionar un camión e dous turismos

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 9:03 horas. O suceso ocorreu á altura da parroquia de Boente e como consecuencia unha persoa tivo que ser excarcelada polos Bombeiros de Arzúa.

Foto de arquivo.

Pasaban escasos minutos das 9 horas cando o 112 Galicia tivo constancia do accidente a través das chamadas de varios particulares que se atopaban no lugar: "acababa de producirse unha colisión entre un camión articulado que transportaba aluminio e dous coches no quilómetro 55 da N-547, en Boente", informa o 112 Galicia. Xa desde o primeiro momento sinalaban que había unha persoa incapaz de saír dun dos turismos, aínda que permaneceu consciente en todo momento.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros encargáronse de liberar á persoa atrapada, que viaxaba nun dos turismos e que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tal e como informa prensa do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña a circulación no punto tivo que ser cortada, aínda que nestes momentos (10:30 horas) xa foi restablecida.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page