top of page

Unha persoa tivo que ser excarcelada tras sufrir un accidente no municipio de Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O condutor dunha furgoneta resultou ferido tras saírse da vía cando circulaba á altura do punto quilométrico 8 da PO-206, a estrada que enlaza Lalín con Vila de Cruces. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o único ocupante do vehículo quedou atrapado no seu interior por mor do impacto e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Deza para liberalo. Os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento tiveron que cortar as portas da furgoneta para poder acceder ao ferido, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.

O 112 Galicia recibiu a alerta deste accidente ás 10:30 horas da mañá de hoxe, a través dunha persoa particular. Axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que chegaron a considerar a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Finalmente, a intervención da aeronave quedou descartada por mor das desfavorables condicións meteorolóxicas. Ao lugar tamén acudiron os membros do GES e de Protección Civil de Lalín, axentes da Garda Civil e da Policía Local e persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page