Ecos da Comarca/Lalín
Unha colisión entre un camión que transportaba vacas e un guindastre no quilómetro 44 da AP-53, en sentido Ourense, deixou varios dos animais soltos pola autoestrada, tal e como informa o 112 Galicia. Ademais, unha das persoas implicadas sufriu un golpe na cabeza e precisou asistencia sanitaria.

O accidente foi comunicado ao 112 Galicia por un particular que presenciou o suceso, contra as 17:45 horas. Pouco despois, outros condutores alertaron da presenza dos animais na vía.
Desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Silleda, do GES de Lalín e dos servizos de mantemento da autoestrada.
Publicidade
Nestes momentos, os equipos de emerxencia seguen traballando no lugar para restablecer a normalidade.
Comments