top of page

Unha persoa sofre un corte coa hélice dun parapente

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa sofre un corte coa hélice dun parapente en Poio. Tal e como informa o 112 Galicia, presentaba a amputación parcial dunha man. O home sufriu un corte importante coa hélice dun parapente cando o estaba a recoller no aparcamento da Praia do Polvorín, en Lourido, Poio.

Pasadas as once desta mañá, unha testemuña dos feitos contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente debido ás lesións provocadas polo corte. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen finalmente trasladaron o doente en ambulancia. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo explicaron, o ferido presentaban unha amputación parcial da man provocada polo corte coa hélice do aparato cando xa estaba en terra e recollendo o material na zona de aparcamento.


Cómpre sinalar que, neste operativo, colaboraron, tamén, os axentes da Policía Local.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page