top of page

Unha persoa resultou ferida tras sufrir unha saída de vía co seu coche en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Unha persoa resultou ferida tras sufrir unha saída de vía co seu coche en Lalín. Aínda que desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chegouse a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, o implicado foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

ree
O coche afectado. Autor: Bombeiros de Deza.

Minutos despois das 13:20 horas, os servizos sanitarios informaron ao 112 Galicia dunha saída de vía na parroquia de San Xoán de Anzo, en Lalín. No interior do coche accidentado permanecía unha persoa que, nun principio, non conseguía saír ao exterior polos seus propios medios.


Con celeridade, o 112 Galicia coordinou a acción dos servizos de emerxencias: ademais do persoal sanitario, ata o lugar do sinistro desprazáronse os efectivos da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Silleda e o GES de Lalín.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Pouco despois, os Bombeiros comunicaban que non foi necesario excarcerar ao ferido, que xa se atopaba fóra do vehículo cando chegaron, e que sería finalmente trasladado en ambulancia polo persoal sanitario.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page