top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unha persoa queda atrapada no interior do seu vehículo tras un accidente na Estrada

Ecos da Comarca/Xeral

Os equipos de emerxencias tiveron que liberar a unha persoa atrapada no interior do seu vehículo tras un accidente na Estrada, tal e como informa o 112 Galicia. Os membros do GES da Estrada tiveron que retirar o cristal dianteiro do turismo para poder acceder ao ocupante e proceder a liberalo.

Daban as 23:25 horas da noite de onte cando un particular contactou co 112 Galicia solicitando axuda para unha persoa que estaba atrapada no interior dun vehículo tras un accidente na EP-7004, no quilómetro aproximado 1, ao seu paso por Matalobos. O alertante engadía na súa chamada que a persoa atopábase consciente.


Publicidade

Desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES da Estrada, dos Bombeiros do Deza, dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.


Publicidade

Finalmente, foi necesario empregar o material de excarceración para poder liberar á persoa.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page