top of page

Unha persoa perdeu a vida tras saírse da estrada en Chantada

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa perdeu a vida tras saírse da estrada en Chantada. Foi excarcerada polos bombeiros, tal e como informa o 112 Galicia. Trátase dun home duns 80 anos, veciño deste municipio.

O accidente tivo lugar 15 minutos antes das 10:00 horas, momento no que un particular empregou o número único de emerxencias para avisar do sucedido. Segundo lle indicou ao 112 Galicia, un vehículo sufrira unha saída de vía no quilómetro 37 da CG-2.1, en Muradelle. O alertador non sabía especificar se a persoa estaba atrapada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Chantada e da Garda Civil de Tráfico.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar á vítima, única ocupante do coche. Pese aos esforzos, o persoal sanitario que se mobilizou ata a zona indicou que o implicado falecera, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page