Ecos da Comarca/Xeral
Os Bombeiros sufocaron o lume e a continuación excarceraron o corpo da única persoa implicada. Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o seu falecemento.
Publicidade
Múltiples particulares que circulaban polo punto, o quilómetro 41 da AP-9 en sentido Santiago, chamaron ao 112 Galicia pouco antes das 21:30 horas do sábado para informar dun coche que se saíra da vía. O primeiro alertador indicaba durante a súa comunicación que o vehículo colidiu contra a medianeira e acabou ardendo nunha zona de monte, fóra da autoestrada. Engadía, ademais, que dentro había un ocupante que non saíra ao exterior.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos e de Ordes, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos operarios de mantemento da autoestrada.
Publicidade
Unha vez no punto, os servizos de emerxencias procederon a atallar as lapas que consumían o vehículo e só puideron confirmar o falecemento do seu único ocupante, cuxo corpo foi excarcerado polos Bombeiros.
Comments