Unha persoa perdeu a vida logo dunha colisión entre un camión e unha furgoneta
- ecosdacomarca

- 15 ene
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha persoa perdeu a vida logo dunha colisión entre un camión e unha furgoneta en Sarria
Foi preciso excarcerar á vítima.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O accidente ocorreu arredor das 17:30 horas, no quilómetro 53 da LU-633. O particular que informou ao 112 Galicia indicou que bateran contra unha furgoneta, na que o condutor quedaba ferido e sen poder saír dela. O alertador ía nun camión con remolque.
Publicidade
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.
Publicidade
Os servizos de emerxencias acudiron ata a zona, pero non puideron evitar o falecemento do ocupante da furgoneta, o cal tivo que ser liberado empregando o material de excarceración.








Comentarios