top of page

Unha persoa perdeu a vida tras colidir un coche e un camión en Mesía

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa perdeu a vida logo de colidir o seu coche e un camión en Mesía. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. A vítima é unha muller duns 45 anos.

ree
Os vehículos impicados. Autor: Cedida.

Foi o propio condutor do camión quen, minutos despois das 5:30 horas, alertou ao 112 Galicia do acontecido: acababa de chocar contra un turismo no quilómetro 684 da N-634, na parroquia de Lanzá. Durante a súa chamada indicaba que había unha persoa no turismo que non respondía aos seus intentos de contactar con ela.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, do GES de Curtis, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. Cando chegaron, os efectivos do GES comprobaron que non era necesario excarcerar e abriron a porta do turismo. Ao mesmo tempo, os profesionais sanitarios desprazáronse a bordo dunha ambulancia e confirmaron o falecemento da implicada.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Oficina de Prensa da Garda Civil da Coruña informa que o turismo viña de Santiago e o camión dirixíase ao polígono do Tambre. "O condutor do camión deu negativo nas probas de alcoholemia e drogas. E ela foi trasladada ao hospital Anatómico Forense de Conxo para practicarlle a autopsia".


Ademais, indica que "as causas pendientes do accidente están sendo investigadas polo Equipo 6 de Atestados do Sector de Galicia ante a posibilidade de que ambos vehículos invadiran carrís contrarios".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page