top of page

Unha persoa perde a vida tras incendiarse o seu vehículo en Sarria

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa perde a vida tras incendiarse o seu vehículo en Sarria. Segundo indicaron ao 112 Galicia os equipos de emerxencia desprazados, o vehículo sufriu unha saída de vía na LU-P-5602, ao seu paso polo quilómetro 16, en Vilar de Sarria e acto seguido comezou a arder.

O primeiro aviso recibido polo 112 Galicia foi por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 17:30 horas. Minutos despois, varios particulares que circulaban pola zona informaron dun vehículo ardendo no que podería haber unha persoa no interior.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Axiña, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Sarria, así como dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil. Ao chegar ao lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que no interior do vehículo, totalmente calcinado, atopábase o corpo sen vida dunha persoa.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page