top of page

Unha persoa foi trasladada en helicóptero despois de caer dun tobogán na Estrada

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa foi trasladada en helicóptero despois de caer dun tobogán na Estrada, tal e como informa o 112 Galicia. O afectado presentaba unha lesión grave nunha perna polo que foi conducido na aeronave ao hospital de Santiago.

foto
Foto de arquivo.

Cando pasaban uns minutos das seis da tarde de onte, mércores, quen acompañaba ao ferido chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que a persoa estaba consciente pero con moitas dificultades para moverse. Así, trasladouse a información aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que resolveron enviar unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tras recibir os primeiros coidados no mesmo lugar do accidente, foi evacuado na aeronave para continuar co tratamento no centro hospitalario de referencia.


Cómpre sinalar que a persoa atopábase sacando unhas fotos na área recreativa de San Miguel da Barcala, no concello da Estrada, cando caeu do escorregadoiro e mancouse na perna. Ademais do equipo médico, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos membros do GES da Estrada e dos axentes da Garda Civil e Policía Local.  

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page