top of page

Unha persoa foi excarcerada logo de sufrir unha saída de vía en Chantada

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa foi excarcerada logo de sufrir unha saída de vía en Chantada, tal e como informa o 112 Galicia que indica que no vehículo accidentado viaxaban dúas persoas.

Foto de arquivo.

Dez minutos despois das 10:00 horas desta mañá, o 112 Galicia tivo coñecemento do incidente a través da Policía Local de Chantada. Segundo o que indicou o alertador, un turismo sufrira unha saída de vía na Avenida de Lugo, co condutor atrapado no interior do coche.


Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron tanto ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 como aos Bombeiros de Chantada para atender e liberar á vítima. Tamén se pasou a información á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Chantada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Trala chegada da dotación dos bombeiros, estes indicaron que ademais do condutor había outro ocupante do vehículo, aínda que xa se atopaba fóra del e estaba a ser atendido na ambulancia das urxencias sanitarias. Os bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para poder liberar ao outro ferido.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page