top of page

Unha persoa foi evacuada en helicóptero tras un accidente de moto en Ordes

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa foi evacuada en helicóptero tras un accidente de moto en Ordes. Foi un particular o que contactou co 112 Galicia minutos despois das 14 horas informando do accidente que se produciu no lugar A Brea, en Ardemil, ubicado no concello de Ordes (A Coruña).

De xeito inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron a aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ata o punto. A maiores, desde o 112 Galicia tamén se informou do suceso aos Bombeiros de Betanzos, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros de Protección Civil.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Con todo, o ferido foi trasladado polo persoal sanitario ao Hospital Universitario da Coruña.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page