top of page

Unha persoa foi atropelada en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

ree
Foto de arquivo.

Na localidade de Arzúa produciuse esta mañá un atropelo. O suceso ocorreu pasados uns minutos das 12:00 horas na N-547, na Avenida de Lugo, no casco urbano arzuán á altura do número 70 aproximadamente, tal e como indica o 112 Galicia.


Foi un particular o que deu aviso ao 112 para solicitar asistencia médica para a persoa que fora alcanzada por un turismo. "En principio parecía que estaba ferida, pero non estaba atrapada, pero si precisaba auxilio tras recibir o golpe", sinala o 112.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O 112 Galicia pasou aviso aos Servizos Sanitarios, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e tamén á Protección Civil.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page