top of page

Unha persoa ferida tras o envorco dun vehículo nunha peaxe da AP-9, ao seu paso por Bergondo

Ecos da Comarca/Xeral

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron requiridos esta tarde pola envorcadura dunha furgoneta diante da barreira dunha peaxe no quilómetro 1F da AP-9, ao seu paso polo concello de Bergondo e en dirección A Coruña, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

O accidente de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.
O accidente de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

O aviso deuno o 112 ás 16:37 horas, indicando que a única persoa ocupante do vehículo se atopada ferida e atrapada. Unha vez no punto, os bombeiros axudaron a vítima a saír do vehículo polo cristal dianteiro para ser trasladada polo 061 ao CHUAC.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo participaron persoal das cabinas de cobro das peaxes (sendo os primeiros en prestar axuda), Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Bergondo e membros de mantemento de autoestradas.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page