top of page

Unha persoa ferida tras envorcar co seu vehículo en Rodeiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Rodeiro

O accidente de hoxe en Rodeiro. Autor: Emerxencias Lalín.

Este martes rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Rodeiro. O 112 Galicia foi alertado uns minutos despois das 13:00 horas. No mesmo viuse implicado un único vehículo que quedou envorcado e como consecuencia unha persoa resultou ferida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O suceso ocorreu na estrada PO-533, o vial que enlaza os concellos de Rodeiro e Lalín. Os efectivos de Emerxencias Lalín tiveron que sacar do vehículo ao ferido retirando as dúas portas do lado dereito e o pilar central.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ata o lugar tamén se desprazaron Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page