Ecos da Comarca/Arzúa
O municipio de Arzúa rexistrou este domingo unha saída de vía. O suceso ocorreu arredor das 15:30 horas na N-547 á altura da parroquia da Castañeda.
Tal e como informa o 112 Galicia, resultou ferida a persoa que conducía, que era a única ocupante. "Non estaba atrapada, pero precisaba asistencia médica", indica o 112.
O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
Comments