Unha persoa ferida tras colisionar un coche e unha segadora na parroquia cruceña de Carbia
- ecosdacomarca

- 5 sept 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Esta tarde, uns minutos antes das 20:30 horas, rexistrouse un accidente no municipio de Vila de Cruces no que se viron implicados un coche e unha segadora. Saldouse cunha persoa ferida.

Tal e como informa Protección Civil de Vila de Cruces tivo lugar na estrada PO 960 no quilómetro 27, ao seu paso pola parroquia de Carbia. "Colisionou un Ford Cmax contra unha segadora. A consecuencia do impacto, a segadora parteu polo medio e, o seu condutor, sufríu un forte golpe na cabeza e no ombro dereito. O coche e o seu condutor, único ocupante, non sufriron danos", sinala Protección Civil.
Ata o lugar achegouse unha ambulancia do 061, que trasladou ao condutor da segadora. Tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico de Lalín, unha dotación dos Bombeiros do parque comarcal de Silleda, ademais, de Protección Civil do municipio.







Comentarios