Unha persoa ferida nunha saída de vía no municipio de Lalín
- ecosdacomarca

- 9 jun 2022
- 1 Min. de lectura
O suceso tivo lugar na parroquia de Castro de Cabras
Ecos da Comarca/Lalín

Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. Tal e como informa o 112 Galicia, que foi alertado por Urxencias Sanitarias, o suceso tivo lugar uns minutos antes das seis da tarde na estrada PO-533, á altura da parroquia de Castro de Cabras.
Tratouse dunha saída de vía que se saldou cunha persoa ferida, aínda que como indica o 112 non se atopaba atrapada.
Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 informou á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Silleda (aínda que estes ao final non tiveron que desprazarse) e ao Servizo de Mantemento de Estradas.







Comentarios