Ecos da Comarca/Lalín
O municipio de Lalín rexistrou este mércores, minutos despois das seis da tarde, un accidente de tráfico que se saldou cunha persoa ferida. O suceso, tal e como informa o 112 Galicia, tivo lugar na estrada PO-533, preto do quilómetro catro, á altura da parroquia de Maceira.
O 112 Galicia indica que foi unha saída de vía e que se saldou cunha persoa ferida, aínda que en ningún momento estivo atrapada.
Mobilizou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, ao GES da localidade e ao servizo de mantemento de estradas.

Comentarios