Ecos da Comarca/Agolada

Este luns rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Agolada. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 9:50 horas. Tal e como informa tratouse dunha saída de vía.
Publicidade
Tanto o 112 Galicia como o GES de Monterroso indicánnos que o suceso tivo lugar na N-640 á altura do punto quilométrico 145 nas Trabancas. Houbo unha persoa ferida. "Estaba xa fóra do vehículo, pero queixábase de dor nas costillas", puntualiza o 112 Galicia.
Publicidade
Ademais do GES de Monterroso, o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Agolada.
Comments