top of page

Unha persoa ferida nunha saída de vía en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

O coche afectado. Autor: GES Monterroso.

Este venres produciuse un accidente de tráfico no concello de Monterroso que se saldou cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 10:44 horas polo sistema eCall do vehículo afectado.


Publicidade

O suceso, tal e como informa o 112 Galicia ocorreu na N-640 á altura da parroquia de Arada. "Tratouse dunha saída de vía, na que o coche impactou contra unha sinal. Avisouse a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, á Protección Civil e ao GES de Monterroso. Nun primeiro momento indicáronos que non había feridos, pero despois Tráfico informounos que a persoa se queixaba de dor no peito e o GES sinalounos que foi trasladada en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)", indica o 112.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page