Unha persoa ferida nunha colisión entre un coche e unha moto en Arzúa
- ecosdacomarca

- 20 mar
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Este venres rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás dúas do mediodía.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre un coche e unha moto na N-547 á alturada o quilómetro 62 na localidade de Arzúa, na Rúa de Lugo.
Publicidade
A consecuencia o motorista resultou ferido, pero a priori, non de gravidade. Queixábase de dor nun nocello, tal e como sinala o 112.
PUBLICIDADE
Foron mobilizados Urxencias Sanitarias, Protección Civil de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.








Comentarios