Unha persoa ferida nunha colisión entre un coche e un camión en Castrofeito
Ecos da Comarca/ O Pino
Este xoves produciuse un accidente de tráfico no municipio do Pino sobre ás 17 horas e víronse implicados dous vehículos.

PUBLICIDADE
Tal e como o 112 Galicia o suceso ocorreu na N- 634 á altura do quilómetro 307 en Castrofeito. Tratouse dunha colisión entre un camión e un coche e provocou retencións de tráfico.
PUBLICIDADE
A persoa que conducía o coche resultou ferida e tivo que recibir asistencia sanitaria. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.









Comentarios