top of page

Unha persoa ferida nunha colisión entre dous vehículos en Arzúa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Foto de arquivo.

Este luns produciuse un accidente no municipio de Arzúa. Foi un particular o que contactou co 112 Galicia ás 7:05 horas para informar do suceso. Ocorreu na A 54 á altura do quilómetro 69.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Un particular informounos de que no accidente se viron implicados dous vehículos e que un deles estaba envorcado. Despois outra persoa detallaba que se trataba dun coche e dun camión e que interrumpían a circulación", sinala o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con estes datos, o 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Unha das condutoras quedou ferida, pero non estaba atrapada, tal e como indica o 112.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page