Unha persoa ferida nunha colisión entre dous coches en Silleda
- ecosdacomarca

- 20 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Silleda. O 112 Galicia foi alertado ás 14:40 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112, tratouse dunha colisión entre dous coches na N-525 á altura do quilómetro 305 en Margaride. Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada en ambulancia.
PUBLICIDADE
Ademais de Urxencias Sanitarias, ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.








Comentarios