Unha persoa ferida nunha colisión entre dous coches en Agolada
- ecosdacomarca

- 20 sept
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este sábado rexistrouse un accidente de tráfico en Agolada. O 112 Galicia foi alertado por un particular a escasos minutos das 9:30 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre dous turismos e saldouse cunha persoa ferida. O suceso ocorreu na N-640 na localidade agoladesa.
PUBLICIDADE
O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos GES de Lalín e a Protección Civil de Agolada.








Comentarios