top of page

Unha persoa ferida nunha colisión en Boente, Arzúa


Ecos da Comarca/Arzúa

Esta martes rexistrouse un accidente en Arzúa no que se viron implicados tres vehículos. Saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 16:27 horas. Ocorreu na N-547 á altura da parroquia de Boente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Tratouse dunha colisión entre dous vehículos, tal e como informa o 112 Galicia, que ademais puntualiza que tamén se produciron danos materiais nun terceiro vehículo. As persoas estaba accesibles e liberadas, pero unha delas tivo que ser atendida porque se queixaba de dor no abdomen.

Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Foron avisados Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e o GES de Monterroso. Cabe mencionar que o parque de Bombeiros de Arzúa, está hoxe pechado, por segunda vez en menos dunha semana.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page