Ecos da Comarca/Silleda
Unha persoa acabou ferida ao sufrir un incendio na súa vivenda en Silleda, tal e como informa o 112 Galicia. Foi trasladada polos seus propios medios.

O aviso chegou ao 112 Galicia un cuarto de hora despois das 23:00 da noite de onte. Un particular alertaba de que estaba a saír fume dun piso situado na praza Mestre Mateo, sen poder confirmar se había xente no interior.
Publicidade

Os xestores do 112 Galicia pasaron rapidamente o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Deza, ademais de á Garda Civil.
Publicidade
A dotación de Bombeiros informou que o lume afectara á campá extractora da cociña. Do mesmo xeito, indicaron que unha persoa sufrira feridas nunha man, polo que foi trasladada ata o centro de saúde de Silleda polos seus propios medios.
Comments