top of page

Unha persoa ferida nun accidente no Val do Carrio, en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Este mércores produciuse un accidente a primeira hora da mañá no municipio de Lalín. Viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos antes das 7:30 horas.

O accidente de hoxe. Autor: Emerxencias Lalín

"Na chamada indicábanos que se trataba dunha saída de vía e que o coche quedarada ladeado e que a condutora non podía saír porque se lle bloquearan as portas", informa o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con estes datos deu aviso a Emerxencias Lalín, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo de Mantemento da Estrada.


"Tempo despois os servizos indicáronos que tiveran que abrir a porta para poder sacar á persoa que foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario", sinala o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O suceso ocorreu na estrada PO-206 á altura da parroquia do Val do Carrio. "En concreto, no quilómetro 8,5 e a persoa quedou feride leve e foi trasladada polo 061 a Clínica Deza", puntualiza Emerxencias Lalín.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page