Unha persoa ferida nun accidente na parroquia lalinense de Catasós
- ecosdacomarca
- 5 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Este martes tivo lugar un accidente no municipio de Lalín. O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 12:32 horas.
Publicidade
Tal e como informa o 112, tratouse dunha saída de vía na N-525 á altura da parroquia de Catasós. Unha persoa precisou asistencia sanitaria.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 deu aviso aos Bombeiros de Deza, ao GES de Lalín, á Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.
Kommentare