top of page

Unha persoa ferida nun accidente na AP-53 en Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Este martes rexistrouse un accidente de tráfico na AP-53 no cal se viu implicado un único vehículo e se saldou cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado sobre as 14:30 horas.

Tal e como informa o 112 tratouse dunha saída de vía e o vehículo impactou contra o quitamedos. Ocorreu na AP-53 á altura aproximada do quilómetro 48 en Moneixas (Lalín) dirección Ourense.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"O condutor atopábase mareado polo que foi trasladado por Urxencias Sanitarias", indica o 112. Avisou ademais de Urxencias Sanitarias, á Garda civil de Tráfico e a Protección Civil de Lalín e tamén informou aos Bombeiros de Deza, que non tiveron que desprazarse ao non haber persoas atrapadas.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page