Unha persoa ferida nun accidente na AP-53 á altura de Silleda
- ecosdacomarca
- 3 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Este xoves produciuse un accidente no municipio de Silleda no que se viu implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. Sucedeu uns minutos despois das 7:00 horas.
Publicidade
O 112 Galicia foi alertado por un particular e polo servizo eCall. "Tratouse dunha saída de vía na AP-53 entre os quilómetros 24 e 23, dirección Ourense, á altura de Cervaña", informa o 112 Galicia que engade que unha muller resultou ferida, pero non estaba atrapada.
Con estes datos deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza e á Garda Civil de Tráfico.
Comentários