top of page

Unha persoa ferida nun accidente entre un turismo e un camión en Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

Este venres rexistrouse un accidente no municipio de Silleda. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida.

Foto arquivo.

O sinistro produciuse sobre as 21:00 horas. Tal e como informa o 112 Galicia, que foi avisado por Urxencias Sanitarias, foi un accidente entre un turismo e un camión na N-525 á altura da parroquia silledense de Manduas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais de Urxencias Sanitarias, desprazáronse ao lugar os Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o Servizo de Mantemento de Estradas.


Houbo unha persoa ferida. "Non estaba atrapada, pero si que os bombeiros tiveron que intervir para sacala", sinala o 112.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page