Unha persoa ferida nun accidente en Dozón
- ecosdacomarca
- 21 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
Este luns produciuse un accidente de tráfico no municipio de Dozón. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 16:19 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia foi unha saída de vía na AG-53, á altura do quilómetro 61 en Vidueiros, dirección Santiago. Unha persoa resultou ferida.
Publicidade
Foron mobiliazados Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Dozón e tamén foron informados os Bombeiros de Deza.
Comments