top of page

Unha persoa ferida nun accidente en Boente no que se viron implicados tres vehículos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Producíronse importantes retencións e foi necesario desviar o tráfico por pistas próximas


Ecos da Comarca/Arzúa

A parroquia arzuá de Boente foi escenario este mércores dun accidente de tráfico. O suceso ocorreu na N-547 á altura do quilómetro 54 e víronse implicados tres vehículos, tal e como informa o 112 Galicia, que recibiu chamadas de varios particulares pasadas ás 14:00 horas.

O accidente rexistrado en Boente.

Mobilizaron a Urxencias Sanitarias, á Policía Local, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, ao servizo de mantemento de estradas e tamén se informou aos bombeiros de Arzúa. Tal e como indica o 112 Galicia o accidente saldouse cunha persoa ferida, en principio leve.


"Un dos vehículos quedou no carril, outro no lateral dereito e outro no lateral esquerdo", sinala un testemuña, que recalca que se produciron importantes retencións na zona. "Os vehículos chegaban á fonte de Boente e tiveron que desviar o tráfico momentaneamente por pistas próximas", explica.


Cabe mencionar que non foi o único accidente rexistrado nas últimas horas en Arzúa. Na parroquia de Burres tivo lugar outro. Toda a información deste no enlace:

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page