Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O municipio de Vila de Cruces rexistrou esta mañá, sobre ás 9:15 horas, un accidente de tráfico no que se viu implicado un único vehículo.
"Foi unha saída de vía na PO-960, na parroquia de Carbia. O coche saliuse da vía a causa dunha mancha de gasoil", indica Protección Civil de Vila de Cruces. "A condutora do vehículo resultou ferida leve e foi trasladada ao hospital polo 061", engade.
Comments