top of page

Unha persoa ferida leve nunha saída de vía en Touro

Ecos da Comarca/Touro

Foto arquivo.

Esta mañá produciuse un accidente de tráfico no municipio de Touro que se saldou cunha persoa ferida leve.

O 112 Galicia foi alertado polos servizos sanitarios ás 8:19 horas deste xoves. "Tratouse dunha saída de vía na estrada AC-240 no quilómetro 10,5 á altura de San Fiz de Quión", informa o 112. "Indicábanos que había uha persoa que estaba sufrindo unha crise de ansiedade", engade.

O 112 Galicia mobilizou á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil do municipio e ao Servizo de Mantemento. "Despois a Garda Civil de Tráfico indicounos qe a persoa que sufrira a crise de ansiedade foi trasladada ao centro médico, pero non fixo falta unha ambulancia para o seu desprazamento, polo que foi anulado o seu servizo", puntualiza o 112.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page